Monday 06 de May de 2024

Axenda do 13 ao 15 de xaneiro de 2023 en Narón


Venres 13 de xaneiro de 2023

Actividade: Charla: “Dano cerebral adquirido”
Hora: 17.30
Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello colabora coa Federación Galega de Dano Cerebral na organización desta charla, financiada pola UE a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. A convocatoria é aberta á cidadanía en xeral.

Sábado 14 de xaneiro de 2023

Actividade: “Patriotas”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

As actrices Marta Viera e Saray Castro protagonizan esta peza de teatro contemporáneo, de Unahoramenos Producciones, na que a presidenta dun partido ultranacional, homófobo e ascendente ten que defenestrar publicamente á súa amiga, vicepresidenta, para branquear á súa formación e aspirar ao poder. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 15 de xaneiro de 2023

Actividade: “II BTT Resistencia Cidade de Narón”
Hora: 10.00
Lugar: Pedroso (saída e meta na pista polideportiva)

Un total de 260 persoas participarán neste evento, organizado polo Concello e o Club Ciclista Narón en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo. Os participantes terán que realizar en tres horas o máximo número de voltas a un circuíto por Pedroso. A proba será unha das cinco puntuables deste ano na comunidade autónoma para a Copa Galicia de Resistencia.

Actividade: “Colombia, Mi encanto”
Hora: 18.00
Lugar: Pazo da Cultura

A compañía CTME trae a Narón este espectáculo, un musical que é o primeiro tributo orixinal a Colombia e á película Encanto. O elenco está formado por unha decena de artistas que coas súas voces en directo, unha apaixoante posta en escena e efectos especiais, sorprenderán ao público.